Quenes somos?
Somos o único estudo de son cinematográfico de Galicia homologado por Dolby y DTS. Aínda que Cinemar Films comeza a súa andaina no ano 2008, o seu persoal está formado por profesionais con experiencia, posicionando ao estudo como referente no sector audiovisual. As instalacións foron deseñadas polo enxeñeiro Newell, experto na creación de estudos sonoros de prestixio en todo o mundo. Ademais, grazas ao seu traballo e ao esforzo económico realizado, a Sala de Mezclas para Cine conta cos requisitos “Dolby Premier” polas súas excepcionais condicións acústicas, en palabras dos propios enxeñeiros de Dolby no momento de probar as instalacións.
Que facemos?
Abrangamos tódolos procesos da posproducción sonora (edición, foley, deseño sonoro, mezclas e dobraxe), amais disponemos de equipos de son directo para todo tipo de proxectos audiovisuais: dende filmes ou spots, ata programas de televisión e publicidade. É dicir, cubrimos todos os procesos da posproducción sonora. Os nosos técnicos están habituados a traballar en tódolos procesos sonoros que rodean a un formato audiovisual facilitando a realización dos traballos tanto previos como complementarios e do tratamento do son en xeral. O que entendemos como un valor diferencial da maioría de estudos similares, ademáis da calidade das nosas instalacións.
Como o facemos?
Contamos con todas as instalacións e o euipamento necesarios para cada tipo de proxecto e cos profesionais adecuados para conseguir o resultado desexado. En Cinemar Films concebimos o son como un elemento narrativo, descriptivo e emocional, cuxo obxectivo é axudar a crear un universo sonoro afín a cada obra. Destacamos que Cinemar Films conta con salas coa “cubicaxe” necesaria para realizar dobraxes, ADR’s e creación de Foley para Cine e Broadcast, seguindo os parámetros de área e absorción que as “Major’s” homologan baixo os seus criterios de esixencia de calidade. Somos o único estudo de Galicia e dos poucos de España que conta con este tipo de instalacións.